Alimentación y cocina de los niños de cuatro años

Alimentación y cocina de los niños de cuatro años

Como algúns xa saberedes ao longo de todo este primeiro trimestre en 4 anos estivemos traballando sobre un proxecto ao que chamamos “Alimentación e Cociña”.

Degustacións, un libro de receitas viaxeiro, unha viaxe a través dos sentidos e a gastronomía dos diferentes países do mundo, receitas de cociña, o menú diario ou a elaboración da lista da compra foron algunhas das dinámicas que desenvolvemos na aula. Dentro das actividades programadas tivemos unha visita moi especial, a do profe Alfonso, a través dos seus ollos e da súa historia puidemos viaxar ata África e India. Esta visita ademais de axudarnos a coñecer a súa gastronomía e os seus costumes, abriunos os ollos e tocounos o corazón, por iso hoxe, dende aquí, queremos pedirvos a vosa axuda.

Sabemos, porque así o aprendemos ao longo destes meses, que unha alimentación completa e equilibrada é a base dunha boa saúde e fomos conscientes de que non todos os niños do mundo teñen acceso a ela.

É por isto polo que os niños e a profe de 4 anos propuxémonos axudar a quen máis o necesitan cunha recolleita de alimentos. Pedímosvos que nos axudedes nesta causa, almacenaremos en clase alimentos non perecederos para despois entregalos a unha causa solidaria que decidiremos entre todos.

 

La Salle La Inmaculada